Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A UDC aborda no Ézaro a transformación turísica a través da IA

Mesa redonda UDC Turismo CMAT
Xosé Manuel Merelle, Iria Caamaño, Ada González e María do Rosário Borges
A UDC aborda no Ézaro a transformación turísica a través da IA

Arrincou onte no Ézaro o curso de verán de turismo da UDC, que se prolongará ata este mércores e aborda a transformación no turismo: as oportunidades retos e casos de éxito na xestión turística intelixente.

Curso de Verán Turismo UDC_no Ezaro
Xosé Regueira, Catherine García e Cesáreo Pardal

A xornada comezou cunha mesa redonda entre o vicepresidente, Xosé Regueira e o presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, e moderada pola secretaria técnica da CMAT, Catherine García Pernas, onde se puxo en valor o potencial da intelixencia artificial para a profesionalización do sector turístico.

Regueira comezou a súa intervención mirando aos seus inicios en turismo no 2004, cando “non existía como sector económico, nin había profesionais nin persoal técnico nin consultorías...”. Nestes 20 anos, afirmou “algunhas cousas cambiaron moito: somos un destino recoñecido na potencia mundial, demandado e destacado”. “Contamos cun sector formado, competitivo e que aposta pola calidade”, engadiu, “e, ademais, o turismo cada ano ten un maior peso económico, rondando actualmente o 14%”. 

Non obstante, matizou o vicepresidente, “o que non cambiou tanto son as razóns polas que atraemos turistas: paisaxe, gastronomía, clima, cultura, tradición...”. Os retos aos que se enfronta o sector “tampouco cambiaron moito”, expresou Regueira: “desestacionalización, atraer turismo de calidade, mellora na xestión dos fluxos, incremento da rendibilidade, diversificación na oferta, mellora na mobilidade e a sinalización...”.

Un novo paradigma para a xestión turística

Durante a segunda mesa redonda, abordouse a necesidade de aplicar mecanismos de xestión e planificación turística intelixentes para mellorar a eficacia
no sector. Nesta mesa, participaron coa súa experiencia Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; María do Rosário Borges, do Observatorio
Turístico do Alentejo e Ada González Fernández, técnica de turismo do Concello de Dumbría. Esta mesa foi moderada por , directora do
curso e docente na UDC.

Dous días para mellorar as oportunidades da Costa da Morte

Durante o segundo día de conferencias, houbo oportunidade para falar de temas de gran relevancia para o turismo. Abriu a mañá Ana Leiras, da Universidade da Coruña, falando sobre a necesidade de facer accesibles os datos no eido turístico para mellorar tanto a xestión como a experiencia de usuario.
Ao medio día, foi a quenda de Sergio Muíño Freire, da Universidade de Santiago de Compostela, cunha conferencia centrada na relación entre
desenvolvemento local e turismo e como un boa xestión turística pode axudar a xerar oportunidades no territorio.
Xa durante a tarde e para rematar, levouse a cabo un obradoiro con casos prácticos da aplicación da intelixencia turística na planificación en diferentes
destinos por parte de diferentes profesionais da Universidade da Coruña; como Begoña Muíño, Silvina López e Iria Caamaño.

Comentarios