Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte participará nun proxecto de Fisterras Europeos

A Costa da Morte participará nun proxecto de Fisterras Europeos
Un solpor no Fisterra galego

Sen lugar a dúbidas, o noso é dos Finisterraes máis simbólicos de toda Europa. Pero non o único, e iso permite que haia unha serie de sinerxias moi interesantes. Como promete o novo proxecto que nace dende o Lofotén: o Proxecto “Fisterras Europeos”.

E alí estará a Costa da Morte representada polo presidente da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte APTCM, que se despraza entre o 23 e o 27 de novembro a Honningsvåg, no Cabo Norte de Noruega para participar en diferentes xuntanzas con destinos de todo o arco atlántico europeo, co obxectivo de empezar a crear o destino turístico dos “Fisterras Europeos”.

Neste proxecto a asociación costeira está traballando xa desde fai meses en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que é quen leva o soporte técnico do proxecto.

Para a posta en marcha deste proxecto, a parte da presenza de Cabo Norte e de Costa da Morte, os Fisterras de Portugal, Irlanda, Bretaña e Escocia. Nós xa estivemos en Normandía e Cornualles coa SEMESCOM, no Finisterre bretón e mais no Cabo da Roca portugués. En breve coñeceremos o finisterre escandinavo.

Segundo nos contan, desde a APTCM "estamos moi ilusionados coa creación deste proxecto, para o que se espera ter fondos europeos no vindeiro ano 2013".

Este proxecto nace como idea no congreso organizado pola nosa entidade no ano 2007, que levaba por título ‘A Costa da Morte e os Fisterras europeos’, no cal, a conclusión final mais importante foi a do interese dos poñenetes de diferentes Fisterras en crear un proxecto común que unise todos so Fisterras Atlánticos.

Desde a APTCM queren o "grande interese e os fondos xa aportados polos socios participantes no proxecto para levalo a cabo, o cal nos ilusiona a seguir traballando por que se vexa o noso Fisterra como un punto central e non periférico, dentro dun destino atlántico".

Novas relacionadas

Fonte

  • APTCM.

Comentarios