Acordo para a pavimentación da praza do Campo
07:47 28/07/26
O alcalde de Fisterra, Luís Manuel Insua lago, asinou onte coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o convenio de colaboración para a mellora e pavimentación da praza do Campo.
Esta actuación, que suporá un investimento total de preto de 35.000 euros, levarase acabo ao abeiro do Plan Hurbe, e Xunta achegará o 70% do orzamento desta intervención, con case 24.000 euros, contratará e executará as obras.
O Concello de Fisterra asumirá o 30% restante do custe das obras, algo máis de 10.000 euros, e corresponderalle o mantemento e conservación das actuación executadas.