![Imaxe da Lonxa de Fisterra]()
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 16:30 a 20:00 horas
O próximo venres, 28 de xullo, chega á lonxa de Fisterra a
exposición "Arte desde a reciclaxe. Reciclaarte", de Luis Ares Roca. Trátase dunha mostra de pinturas e esculturas realizadas con refugallo que o autor atopou nos distintos areais da zona (botellas, meteais, porexpan,...).
A exposición, que estará ata o 31 de agosto, pódese visitar no horario da subasta do peixe, de luns a venres en horario de 16:30 a 20:00 horas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)