Luns. 23.09.2019
El tiempo

A pseudotradición de queimar roupa na fin do Camiño provoca un novo incendio de Fisterra

A pseudotradición de queimar roupa na fin do Camiño provoca un novo incendio de Fisterra
Verán de incendios este verán en Fisterra. Desta volta non foi o/os incendiarios que levan xa 4 lumes na vila do Cristo. Desta volta foi a irresponsable pseudotradición de queimar unha prenda ao rematar o Camiño a causante. Unha peregrina provocaba así, queimando unha camisola, un incendio xusto debaixo do cabo. Pode ser cuarto por esta causa nos últimos 4 veráns. Xa está controlado, grazas aos rapaces de Protección Civil e dous turistas que andaban por alí e que axudaron na extinción. Cando chegou a brigada ca motobomba xa só tivo que refrescar a zona. Afortunadamente só afectou a media hectárea. Dende o Concello, o teniente alcalde Kuka Sar, xa se prantexa a incorporar vixilancia no lugar, e pide responsabilidade aos hostaleiros para non promover esta perigosa e nada máxica costume...           Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-pseudotradicion-de-queimar-prendes-provoca-un-incendio-no-cabo-fisterra/   https://quepasanacosta.gal/15-horas-do-quinto-incendio-en-duas-semanas-en-fisterra/

Comentarios