mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os familiares do desaparecido en Fisterra piden un maior dispositivo de busca

Dispositivo Busca Garda Civil terra motos Fisterra
Os familiares do desaparecido en Fisterra piden un maior dispositivo de busca

Esta pasada tarde de venres, ás 16:00h, cumpríanse 72 horas dende a denuncia da desaparición dun home na contorna do Faro Fisterra. J.A.C.L., natural de Frades (60 anos, 1,70, pelo e bigote branco) saía da súa casa o martes ás 12:00h e, ao ver que non voltaba a comer como cada día, os familiares presentaban a denuncia da súa desaparición ás 16:15h. A esa hora xusto el collía un taxi, chegando a zona do Faro ás 18:00h do martes.

Os familiares, o fillo e a nora do desaparecido, levan dende o mesmo martes peiteando a zona coa colaboración, que agradecen encarecidamente, de media ducia de veciños e veciñas e de Protección Civl. Con todo, pediron un maior dispositivo ás forzas de seguridade. De feito, pedían que as 72 horas de búsqueda prioritaria se extendesen ata as 18:00h, a última hora á que foi visto.
Piden máis efectivos por terra, mar e aire, e se preguntan por que non foi mobilizado o helicóptero de Salvamento dende o 112, que poderían ter aproveitado as manobras que están facendo estes días nesta emerxencia. Ademais, solicitan máis implicación na busca

Dende a Garda Civil informa que as 72 horas de busca preferente se cumpliron ás 16:00h do venres, pero aseguran que “non se vai interrumpir a busca”. Explican que durante a mañá de hoxe venres hai hai 3 patrullas de Seguridade Cidadá por terra e pola costa, e volve estar o helicóptero do Servizo aéreo da Garda Civil, o Grupo Especial de localización e rescate de Galicia, unha lancha do Salvamento Marítimo, Protección Civil. Explican que unha vez revisados os cantís tamén cos drons da AXEGA, que pasarán a buscar por terra e praias próximas, sinalando que se tivese caído ao mar, este tardaría arredor de 10 días en expulsar o corpo ás rochas.

Informan que ademais deron instrucións aos pescadores que faenan no mar que cando regresen se acheguen un pouco máis á costa

A Garda Civil informaron que preguntaron polos establecimentos da vila, unha das peticións que facía a familia.

Máis novas

Comentarios