A SD Fisterra pasa pola pasarela

08:03 14/03/13

Este venres 15 de marzo, a SD Fisterra artella o seu II Desfile de moda. A cita será ás 20:30h no Pavillón Municipal, e os máis guapos da vila do Cristo lucirán palmito e as prendas máis modernas. A entrada custa 3€ e servirá para recadar fondos para o clube e para que os comercios amosen o seu material.
Logo do rotundo éxito do ano pasado, candfo máis de 500 persoas encheron o pavillón para ver desfilar a xogadores e xente da familia da SD, con roupas de ata 24 casas comercias, non é de estranar que este venres se volan desatar paixóns cos e cas modelos que estarán na pasarela.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).