Aira Editorial reedita "Do amor salgado", de Modesto Fraga

Modesto Fraga e Miro Villar na Presentación de "dDo amor salgado". Cee, maio de 1997

O libro de poemas de Modesto Fraga, "Do amor salgado", publicado orixinariamente en 1997, vén de ser reeditado por Aira Editorial na súa colección Varilongo, dirixida polo escritor Luis González Tosar e a Fundación Ínsua dos Poetas.

Esta nova edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos do autor fisterrán, inclúe varias fotografías de Juanma Abelleira inspiradas na paisaxe mariña fisterrá.

O libro conta, ademais, con dous paratextos da autoría de Miro Villar: o "Prólogo da Primeira Edición" e unha "Coda para unha (re)lectura case tres décadas despois".

 

BREVE SINOPSE

Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no ano 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Morte, desenvolve neste libro unha lírica apegada ao territorio e ao idioma, rigoroso na tradición métrica e ambicioso na busca da excelencia literaria. 

"Velaquí pois o forte vículo sensitivo que nos ofrece Modesto Fraga entre os corpos amados e a paisaxe mariña fisterrá". MIRO VILLAR

 

Máis novas