Modesto Fraga embriagouse de fisterranía coa presentación de “Devalar sen pel”


Marabillosa acollida a que recibiu o poeta Modesto Fraga na presentación na súa casa do seu novo poemario: “Devalar sen pel”. Un traballo que serve para cumprir 20 anos de poesía dende a fin do mundo. E asi o celebrou a vila do Cristo, encheu de poesía e fisterranía a primeira tarde do outono fisterrán.
Foi un acto emotivo no que compañeiros poetas coma Alexandre Nerium fixeron un repaso da súa singradura poética. Participaron tamén no acto organizado pola Asociación de Vecinos Finisterre Viki Rivadulla, Roberto Traba Velay, Antonio Fernández e David Creus.
No acto ademáis de presentar Devalar sen pel, un tributo a todas as mulleres que loitan polos seus dereitos, reivindicouse a cultura fisterrana con maiúsculas, a obra poética do Capitán Traba, a labor de Alejandro Finisterre, a obra de Don Francisco Esmorís ou Desiderio Paz Figueroa, incluso avogou Modesto pola creación dunha biblioteca da fisterranía.
Para a Asociación “é un gran orgullo que Modesto cumprira o seu desexo de poder presentar “Devalar sen pel” no pobo que o viu medrar coma poeta, rodeado de artistas e de poetas coma el merece”.”


Novas relacionadas
- Modesto Fraga celebra 20 anos de poesía co seu novo libro Devalar sen pel.
- Modesto Fraga, premiado no V Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
- María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios.
- Modesto Fraga gaña o senlleiro certame literario de Vilalba co seu novo libro de sonetos.
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).