Martes. 16.04.2024
El tiempo

Modesto Fraga, “o poeta do amor”, presentou na casa a súa nova antoloxía bilingüe

Presentacion do libro de Modesto Fraga-Foto-Antonio Nodar
Presentación do libro de Modesto Fraga-Foto-Antonio Nodar
Modesto Fraga, “o poeta do amor”, presentou na casa a súa nova antoloxía bilingüe

Este pasado mércores 18 de decembro, Modesto Fraga facía a presentación, na casa, da súa antoloxía de poesía amorosa. O Hotel Bela Fisterra enchiuse (viñeron xentes de Coristanco, Coruña,… e outras que intentaron pero as estradas non lle permitiron polo temporal Elsa) para ver escoitar a este fisterrán que leva case 25 anos de produción. “Se Alexandre Nerium é o poeta do mar, eu son o poeta do amor”, recoñece explicando a temática desta obra. “O 90% da miña produción poética é de amor, o amor é un lei motiv constante na miña obra, é indisociable”.

”Poesía amorosa escollida / Poesía amorosa escogida" é a primeira vez que fai unha edición bilingüe galego-castelán. De feito, o complexo proceso de creación, de tradución con fundamento filolóxico detrás, mesmo con cambios sintácticos, foi un dos temas que máis interese xerou no cálido acto. “A poesía é unha unha linguaxe abstracta que non se pode traducir literalmente, pois ten ritmo, ten métrica… É un proxecto moi esixente”.

Modesto Fraga presenta a sua antoloxia de Poesia Amorosa Escollida-Foto-Antonio Nodar
Foto: Antonio Nodar

O libro ten unha edición moi coidada, realizada por Sacauntos, cunha imaxe icónica na portada: “El Beso” de Rodin. “A poesía, como a arte, se perdura é porque é boa. E a portada é un exemplo, unha obra central da cultura occidental, de finais do século XIX, que segue emocionando”, explica. Por iso foi un gusto ver que a xente aínda coñecía aqueles versos que liamos nos tempos do Batallón Literario polos bares, ou na Capela do Pilar de Corcubión.

A día de hoxe é complicado recuperar aquelas edicións dos anos 96, 97… de aí a importancia desta antoloxía que trae 45 poemas, un por cada un dos seus 45 anos.

Modesto aproveitou para presentar o proxecto da Biblioteca da Fisterranía, da que falaremos profundamente esta fin de semana.

Presentacion da Antoloxia poetica amorosa de Modesto Fraga-Foto-Anotnio Nodar 2
Pepe Formoso presentando no Bela Fisterra a Modesto Fraga: Foto: Antonio Nodar.

Novas relacionadas de poesía

Comentarios