mércores. 11.02.2026
El tiempo

Anuncian melloras na Escola Infantil de Fisterra

escola infantil fisterra
Anuncian melloras na Escola Infantil de Fisterra

Recibía onte a escola infantil pública de Fisterra a visita dunha comitiva institucional formada polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde do concello, Luís Manuel Insua. Servía para anunciar o investimento do goberno galego de máis de 46.000 euros en obras de mellora.

As obras, que se encargará de executar o concello durante os meses de verán aproveitando que a escola non ten actividade, consistirán no subministro e instalación de toldos no patio exterior, así como no pintado das fachadas, das aulas e do comedor. Tamén se instalarán un novo falso teito na cociña e unha porta de acceso a aulas, ademais de renovarse as mosquiteras, os rodapés e os protectores de esquinas 

Comentarios