Charla, poesía e obradoiro nas Xornadas Culturais de Fisterra

10:10 05/05/11

Varias citas ten a mocidade nacionalista da bisbarra esta fin de semana. De feito o venres ten sesión doble e solapada, xa que ademais do Encontro da Mocidade da Costa da Morte en Cee, terán unha conferencia en Fisterra. Así e todo, e se ben o acto ceense será de índole máis político, este pretende ter un afán puramente cultural e divulgativo
Conferencia que chega no marco das I Xornadas Culturais organizadas por Galiza Nova de Fisterra, e que se desenvolverán entre os días 6 e 8 do presente mes de maio, na vila da Fin do Mundo.
Os eventos programados son os seguintes:
- Venres, 6 de maio. CONFERENCIA a cargo de Natalia Rodríguez, monitora de Aspadex. A charla, titulada “Integración social en Fisterra”, terá lugar no novo salón de plenos municipal (antiga biblioteca), ás 19:30 horas.
- Sábado, 7 de maio. RECITAL POÉTICO en homenaxe ó Batallón Literario e ós nosos poetas. Modesto Fraga exercerá de mestre de cerimonias, e recitarán –ademais do poeta fisterrán- Marilar Aleixandre, Mónica Góñez e Roberto X. Traba. A continuación, Germán Martínez fará un MONÓLOGO HUMORÍSTICO.
- Domingo, 8 de maio. OBRADOIRO DE MANUALIDADES para nenos de ata 13 anos. Terá lugar ás 17 horas no antigo salón de plenos municipal (planta baixa da Casa do Concello). Os participantes deben apuntarse no teléfono 607 437 690 ou poñéndose en contacto con nós a través do mail galizanovafisterra@gmail.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de GalizaNova Fisterra.