Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Fisterra xa dispón de Oficina de Rexistro para obter a Cl@ve

cl@ve online
O Concello de Fisterra xa dispón de Oficina de Rexistro para obter a Cl@ve

Avanza a relación dixital do Concello de Fisterra coas veciñas e veciños ma marco do proxecto l de transformación Concello Dixital da Deputación. Dende xa, calquera persoa poderá obter de modo presencial pero sen desprazarse fóra do seu concello, a súa identificación Cl@ve necesaria para acceder aos servizos dixitais públicos, unha vez instalada Oficina de Rexistro Cl@ve.

A credención dixital obtense primeiro pasando polo Concello, onde un empregado público verifica a identidade mediante a presentación do DNI, e a través do móbil chegará un mensaxe (SMS) de benvida ao sistema, e permite realizar trámites burocráticos de xeito online.

Clave

Cl@ve é un sistema que permite a identificación perante as administracións públicas para realizar trámites sen necesidade de certificado dixital instalado ou DNI electrónico. Así, a cidadanía pode relacionarse electrónicamente coas administracións desde calquera dispositivo que teña conexión á Internet e sen necesidade de ter instalado o certificado dixital no seu ordenador, tablet ou teléfono móbil.

Cl@ve ofrece dous niveis de rexistro, que permiten menor o maior nivel de acceso aos servizos electrónicos públicos. Se ben o Rexistro Básico pódese obter a través da Internet por videochamada ou carta de invitación, o Rexistro del Nivel Avanzado Cl@ve precisa da acreditación de xeito presencial nunha Oficina de Rexistro. No canto de querer facelo de xeito telemático, cómpre aportar un certificado electrónico instalado previamente ou un DNI electrónico e un lector de tarxetas intelixentes.

Comentarios