Conta atrás para o Entroido fisterrán

Imaxe do Entroido de Fisterra do ano pasado

Se ben as comparsas xa levan semanas de preparación, coñecemos hoxe as bases do Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Fisterra conta atrás xa para o martes 21 de febreiro, para ese marabilloso Concurso de Comparsas máis famoso do país.

Dende o Concello agardan polo menos ter as 3 comparsas locais e esperan que se animen as de Cee, Muros, Dumbría, Vimianzo… para participar na fermosa tarde de festa que este ano, e debido ao mal estado do pavillón, se celebrará nunha carpa situada na explanada do porto.

. O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de febreiro, habendo un primeiro premio de 1.400€, un segundo de 1.100 e un terceiro de 800. Ademais, o resto de comparsas (todas terán que participar no espectacular desfile sabatino) levarán polo menos 300 euros.

Ademais abre tamén o prazo de inscrición, en culturafisterra@hotmail.com, para os concursos de disfraces infantil e de adultos.

 

Crónicas do Entroido Fisterrán

Máis novas