Conta atrás para o Entroido fisterrán
Se ben as comparsas xa levan semanas de preparación, coñecemos hoxe as bases do Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Fisterra conta atrás xa para o martes 21 de febreiro, para ese marabilloso Concurso de Comparsas máis famoso do país.
Dende o Concello agardan polo menos ter as 3 comparsas locais e esperan que se animen as de Cee, Muros, Dumbría, Vimianzo… para participar na fermosa tarde de festa que este ano, e debido ao mal estado do pavillón, se celebrará nunha carpa situada na explanada do porto.
. O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de febreiro, habendo un primeiro premio de 1.400€, un segundo de 1.100 e un terceiro de 800. Ademais, o resto de comparsas (todas terán que participar no espectacular desfile sabatino) levarán polo menos 300 euros.
Ademais abre tamén o prazo de inscrición, en [email protected], para os concursos de disfraces infantil e de adultos.
Crónicas do Entroido Fisterrán
- Entroido Fisterra 2022: Voltou o Entroido a Fisterra. Voltou a Festa.
- Entroido Fisterra 2020: Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Entroido Fisterra 2019: O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
- Entroido Fisterra 2018: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido Fisterra 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
Máis novas
- Manuel Suárez: O entruido máis occidental de Europa.