Denuncian como afectan os continuos cortes de luz en zonas rurais de Fisterra

17:16 21/01/24
Na zona da Insua, en Fisterra, como noutro montón de zonas da Costa da Morte, os cortes da luz continúan sendo un problema real e continuo. Non só en días de temporal, senón tamén en días fríos, pero calmos.
Así o denuncian estes días dos veciños do lugar, cansos de dos eternos cortes. A súa situación ademais complícase pois Francisco José depende dunha máquina de osíxeno, e estes paróns son terribles tanto para a súa saúde como para a da propia máquina.
A carencia das nosas infraestruturas no noso rural é unha das grandes eivas.