Denuncian que a evacuación de enfermos na parte alta da aldea de Mallas tense que facer a pé ata a ambulancia


O BNG de Fisterra presentará unha iniciativa no próximo pleno solicitando a apertura dun víal que comunique a parte alta da aldea de Mallas, que sirva de alternativa do único e estreito acceso que impide a chegada de vehículos. Recordan dende o grupo da oposición que unha moción semellante xa fóra presentada anteriormente, pero que “transcorrido un tempo o concello non ten feito nada ao respecto”.
A problemática repetiuse, desgraciadamente, con outro enfermo, e a pasada noite foi evacuada unha persoa enferma, para o que tivo que ser necesario o traslado en padiola varios centos de metros e na oscuridade, xa que a ambulancia non daba entrado. “Trátase dunha situación perfectísimamente evitable, totalmente mellorable, e de xustiza social”, entenden dende o BNG.
Os veciños entenden que “non teñen por que conformarse con seguir lamentádose do atraso no urbanismo co que conta a parte de riba do campo da igrexa de Mallas”. Os veciños demandan precisamente a dotación desta pista pola preocupación que lles supón “a incomunicación que soportan, xa que na práctica teñen impedidos ter determinados servizos elementais, coma os de tipo asistencial e sanitario, para atender as numerosas persoas maiores que alí viven”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.