Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado

Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado
Accidente en Entrecruces-Carballo Un dos coches implicados no Accidente de Entrecruces

Malo este sábado en materia de sucesos. Durante a tarde sabatina rexistrouse un incendio nunha casa de Verdillo, Carballo. Pero é que durante a madrugada houbo dous accidentes de relativa consideración.

Accidente en Carballo

Accidente en Entrecruces 2 O outro coche implicado no Accidente de Entrecruces

Pasaba media hora da media noite cando dous vehículos chocaban na AC-1914 a altura de San Paio, Entrecruces, Carballo. Os vehículos sufrían un choque fronto- lateral e a consecuencia do mesmo resultaron feridas tres persoas que foron trasladados en ambulancia ó CHUAC.

Accidente en Fisterra

Máis tarde, pasadas as 4:30h da madrugada, rexistrábase un novo accidente de tráfico en Fisterra, na AC-445. O condutor do vehículo implicado tivo que ser atendido polo 061, coa presencia da Garda Civil, de Protección Civil e dos Bombeiros. Ademais, o persoal de Augas de Corcubión tivo que participar por unha rotura dunha tubaxe da auga a raíz do accidente.

Incendio dunha vivenda en Verdillo

Antes, ás 16:00h da tarde do sábado, unha vivenda unifamiliar no Alto de Verdillo sufría un incendio na cheminea. Ata alí se desprazaban os Bombeiros de Carballo, que accedía á zona alta da cheminea coa axuda do vehículo en altura AEA-01 para poder extinguir os restos de feluxe que se atopaban ardendo no interior da cheminea e ao mesmo tempo baixar a temperatura da estrutura. Tamén verificaron de que a consecuencia da temperatura que se alcanzou, non resultara afectada o interior da vivenda.

Incendio nunha vivenda en VerdilloOs Bombeiros sufocando o Incendio nunha vivenda en Verdillo

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios