Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Dous Premios Anuaria de deseño para o Bela Fisterra

Dous Premios Anuaria de deseño para o Bela Fisterra
Bolsa do Bela Fisterra Bolsa do Bela Fisterra Acábanse de coñecer os resultados dos Premios Nacionais Anuaria de Comunicación Visual. Uns Premios que se convocan cada ano en Barcelona e premian os mellores traballos de Branding, publicidade, deseño gráfico e editorial que se realizaron en España durante o último ano. Un xurado de prestixio selecciona entre todos os candidatos os mellores traballos para recoñecer a calidade da idea, deseño e execución.

Entre os premiados atópase a axencia de branding galega Xosé Teiga, Studio que foi merecedora de cinco Premios, dous deles para Bela Fisterra Hotel nas especialidades de deseño interactivo e deseño de contidos. Estes méritos súmanse ao recente logro conseguido, sendo elixido como traballo representante de España na Bienal Iberoamericana do Deseño e tamén finalista optando ao gran premio da BID na especialidade de comunicación visual. Converténdose así, no único traballo español finalista nesta especialidade e o único galego con representación na BID.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-vivenda-ceense-de-juan-creus-e-covadonga-carrasco-premiada-pola-fundacion-juana-de-vega/ https://quepasanacosta.gal/o-hotel-bela-fisterra-representa-a-espana-a-bienal-iberoamericana-de-deseno/

Comentarios