Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Derruban un esqueleto de formigón que levaba 30 anos invadindo a natureza de Quilmas

Derrubamento do esqueleto de formigon de Quilmas
Imaxe do derrubamento do esqueleto de formigón de Quilmas- Foto: Xosé Manuel
Derruban un esqueleto de formigón que levaba 30 anos invadindo a natureza de Quilmas

Máis de 30 anos levaba aí o tremendo “mamotreto” de formigón, entre as casetas de pescadores do portilño de Quilmas e a piscifactoría. 30 anos de litixio xudicial, esta grave infracción urbanística xa tiña sentenza xudicial firme de derrubo.

Así, estes días, por fin, os propietarios, tralas prerrogativas da APLU (Axencia de Protección de Legalidade Urbanística) e o Concello de Carnota, procederon ao seu derrubamento.

”A ver se aprendemos todos algo e se recupera recuperar a lagoa que hai preto do sitio”, sinala o alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”.

Mamotreto formigon Quilmas 2

Mamotreto formigon Quilmas
Vista aérea do impacto do esqueleto derrubado

Comentarios