Emotivo acto de graduación do alumnado do Colexio Nuestra Señora
Este pasado venres tivo lugar a graduación do alumnado de 4ºESO do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fistrra. Como non podía ser doutro xeito, foi un acto moi emotivo, coas intervencións da directora, Susana Martínez, o titor Juan Francisco Insua e vari@s alumn@s como Nahia, Enma, Brais, Lucía Facal, María, Lucía Pérez e Selenia.
Tralos discursos, proxectouse un vídeo que resumiu os 13 anos da historia desta “marabillosa” xeración polo centro, rematando coa inesquecible viaxe de fin de curso a Tenerife.
Puxéronse as bandas e fíxose entrea do premio Don Luciano (fundador do centro). Un premio que ten en conta os premios académicos e os valores, e @s escollid@s foron Méndez e Enrique Benlloch.
A festa, despois duns petiscos e unha cea de gala no Centolo, rematou con fogos de artificio e todo!