!["Os prejaseiros sen fronteiras" representando ABBA no 2009 - Foto: Marcos Rodríguez]()
Se por algo de pode considerar o entroido fisterrán un dos máis devanceiros e divertidos de todo o país, é o
non ter pelos na lingua. E este ano pode tocar un entroido ben verbeneiro.
Así, informamos de que
o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra xa abríu o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán. O Concello ademais cederá un local para que as comparsas poidan ensaiar.
Dende o Concello animan a todas as comparsas a que participen un ano máis xa que se repartirán os premios máis grandes de toda a Costa da Morte, debido a que o Entroido de Fisterra é o Entroido máis tradicional da Costa da Morte. De feito, a comparsa gañadora levará
1.500€ de premio, por 1.200 da segunda e 900 para a terceira. Iso si, todas as que se presenten levarán un premio de 300€.
O concurso celebrarase o
08 de marzo na praza da Constitución de Fisterra ás 18:00h.
A data límite para presentar candidaturas será o 25 de febreiro e xa se poden inscribir no concello en horario de mañá.
Novas relacionadas
Fonte