Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un escacho de récord

Santi Paz co seu escacho de record
Santi Paz co seu escacho de récord
Un escacho de récord

Menuda peza de escacho que pescou a pasada fin de semana o ceense Santi Paz. Este fermoso escacho pesou nada menos que 6,300 kg, un peso nada habitual para unha especie de fondos areosos que habitualmente anda na zona por 1,5-2kg. A peza, foi extraída en Fisterra, a uns 120 metros de profundidade e aínda tardou 15 minutos en levantalo, “tiroume moitísimo”, asegúranos.

”Cando cheguei a porto todo o mundo estranouse”, cóntanos o propio Pazos, un deses afeccionados á pesca deportiva case dende o berce. O que non soubo a tempo Pazos foi que era un peso de récord, enteirándose da posible fazaña xa cando o peixe xa estaba cortado.

”Nunca pescara unha peza así”, explica un orgulloso Pazos, que ten levantado robalizas de 8,2kg ou abadexos de 6. “Dende pequeno fun pescar, co seu pai. Agora son superselectivo, e sempre vou tratando de pescar pezas grandes”. Normalmente vai a robaliza dende terra, pero fai de todo, de feito a fin de semana pasada estaba indo ao abadexo.

Santi Paz de pesca
Santi Paz cun abadexo enorme

”Para min o mar é a miña vida, traballo de camionero pero as fins de semana van sempre para o mar”, sinala este mozo que soña con firmar cunha marca de pesca.

Polo de pronto xa ten participado nun documental, do que seguramente se fará a segunda parte.

Comentarios