Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Fisterra acolle a presentación do estudo-libro Galicia Latente

  • Será o venres, 28 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Fisterra, ás 18:00 horas
cartaz obradoiro en Fisterra
Fisterra acolle a presentación do estudo-libro Galicia Latente

O Concello de Fisterra organiza unha presentación do estudo-libro Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo planeta unha visión holística desde onde visibilizar os retos e oportunidades que nos están a conformar. 

O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Fisterra.  

O proxecto Galicia Latente presentouse nos seus orixes en Santiago, no Courel, París, Londres, Bruxelas ou San Cibrao. Así como agora nos concellos de Sober, Mañón, Ribadeo, Vicedo, Burela, Camariñas, Xove e Riós.

Comentarios