Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra acolle este sábado ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego

Papagena © Miramemira_8
Papagena nunha imaxe de Miramemira
Fisterra acolle este sábado ‘Papagena’, a ópera electrónica en galego

A Praza Constitución de Fisterra recibe este sábado 17 de setembro, ás 20.00 h, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas. Trátase de Papagena, unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica.

O espectáculo, con entrada libre ata completar aforo, conta coa presenza da soprano Esperanza Mara e do barítono Jacobo Rubianes Castelo que actúan acompañados no escenario pola música en directo de Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.

A obra chega a Fisterra grazas ao apoio do Concello e mais da Deputación da Coruña quen tamén levará Papagena ata Boiro e Narón.

Papagena tamén estará en Muros o vindeiro 12 de novembro no marco dunha xira completa deste outono, dunha compañía que mantén a súa aposta polo risco escénico, pola creación emerxente a través da colaboración con artistas de Galicia.

Comentarios