Fisterra aproba a creación do Mercado Mariñeiro
O Concello de Fisterra, neste mes de agosto, preparou as licitacións de obras de servizos seguintes para a súa inminente adxudicación, no marco do Plan Único de Obras da Diputación da Coruña:
- Mellora do firme na rúa Federico Ávila (tramo Oeste) por importe de 73.086,98 €uros.
- Mellora do firma na rúa Federico Ávila (tramo Leste) por importe de 48.452,72 €uros.
- Mellora do viario no camiño da Insua, fase II por importe de 75.000,50 €uros.
Aprobou ademaias a Reforma da planta baixa do Mercado Municipal para adicalo a Mercado Mariñeiro por importe de 177.094,37 €uros para o cal se dispón dunha subvención solicitada á Consellería do Mar, a través do GALP4, Costa Sostible polo 97 por cento do seu importe.
Conseguiu tamén a adquisición de vehículo eléctrico consistente en furgoneta eléctrica con 5 m3 de carga para servizos múltiples por importe de 39.998,97 €uros.
Ademais, realizou a reordenación do arquivo municipal por importe de 10.890 €uros, para o cal foi obtida una subvención da Consellería de Cultura, Língua e Xuventude por importe de 5.118,30 €uros; e tamén realizou unha auditoría dos sitemas de abastecemento encamiñada a minimizar as perdas de auga por importe de 8.954,00 €uros, para o cal foi obtida una subvención de Augas de Galicia por importe de 7.163,20 €uros.