O Fisterra Blues Experiencie reivindícase como ponte entre turismo e cultura
Xa coñecíamos o programa, pero esta mañá de mércores tiña lugar a presentación oficial do Fisterra Blues Experience. Ese festival feito na fin da terra, con espírito internacional que situará esta fin de semana á Costa da Morte como referente cultural e turístico.
Unha edición con moitas novidades, pois o blues abre as portas ao rock, e as pequenas localizacións ao longo da vila dan paso a un gran concerto en Ara Solis.
O Semáforo acollerá unha singular sesión vermú, para a que xa non hai entradas
Velho destacou a traxectoria e proxección estatal e internacional de Sés; valorou o estatus de Los Enemigos como “grupo clásico e mítico”, e a realidade da Marcos Coll Blues Reunion, que definiu como “un dream team do blues internacional, nun concepto único e pensado para o festival”. Por outra banda, Jacobo Sutil emitiu agradecementos aos traballadores da cultura e remarcou a colaboración entre as entidades públicas e privadas e Xan Carlos Sar agradeceu a Agadic e ao Xacobeo o seu apoio, nun ano no que o Concello de Fisterra non puido facer fronte aos gastos que supuña a organización do festival. O FiBE 2021 conta coa produción de Nordesía Produccións, o patrocinio da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e Estrella Galicia, e a colaboración do Concello de Fisterra (que non puido participar econpmicamente), o Semáforo de Fisterra e Cruceros Fisterra. Para máis información, os contactos ó pé da páxina.
- Programa do Fisterra Blues Experiencie 2021.
- As entradas para a cita do sábado en Ara Solis (o blues a bordo e a sesión vermú no Semáforo están agotadas) venda en enterticket.
Crónicas do Fisterra Blues Experience
- 2020: O blues bate ca pandemia.
- 2019: Fisterra xa sabe vivir e gozar o blues.
- 2018: A experiencia Blues afiánzase na fin da terra.
- 2017: Fisterra subiuse a bordo do Blues.
- 2017: Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”.