Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Fisterra Blues Experiencie reivindícase como ponte entre turismo e cultura

20210915 NP AGADIC Fisterra Blues Experience 01
Durante a presentación desta 5ª edición do festival, estiveron Teresa Fdez e Xan Carlos Sar, do grupo de goberno do Concello de Fisterra, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e Vítor Velho, da produtora Nordesía, promotora do festival, e Jacobo Sutil, director de Agadic.
O Fisterra Blues Experiencie reivindícase como ponte entre turismo e cultura

Xa coñecíamos o programa, pero esta mañá de mércores tiña lugar a presentación oficial do Fisterra Blues Experience. Ese festival feito na fin da terra, con espírito internacional que situará esta fin de semana á Costa da Morte como referente cultural e turístico.

Unha edición con moitas novidades, pois o blues abre as portas ao rock, e as pequenas localizacións ao longo da vila dan paso a un gran concerto en Ara Solis.

20210915 NP AGADIC Fisterra Blues Experience 02
O Semáforo acollerá unha singular sesión vermú, para a que xa non hai entradas

Velho destacou a traxectoria e proxección estatal e internacional de Sés; valorou o estatus de Los Enemigos como “grupo clásico e mítico”, e a realidade da Marcos Coll Blues Reunion, que definiu como “un dream team do blues internacional, nun concepto único e pensado para o festival”. Por outra banda, Jacobo Sutil emitiu agradecementos aos traballadores da cultura e remarcou a colaboración entre as entidades públicas e privadas e Xan Carlos Sar agradeceu a Agadic e ao Xacobeo o seu apoio, nun ano no que o Concello de Fisterra non puido facer fronte aos gastos que supuña a organización do festival. O FiBE 2021 conta coa produción de Nordesía Produccións, o patrocinio da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e Estrella Galicia, e a colaboración do Concello de Fisterra (que non puido participar econpmicamente), o Semáforo de Fisterra e Cruceros Fisterra. Para máis información, os contactos ó pé da páxina.

Crónicas do Fisterra Blues Experience

Comentarios