Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Fisterra celebra unha homenaxe a Cela

Homenaxe a Cela en Fisterra
Fisterra celebra unha homenaxe a Cela

O vindeiro sábado, 19 de febreiro, ás 12:30 horas, o Hotel Bela Fisterra e o concello da localidade rendirán unha homenaxe á Camilo José Cela con motivo do vinte aniversario da súa morte. Será nun acto fronte a Praia de Langosteira, moi preto do lugar no que o Premio Nobel de Literatura transcorreu varios veráns para inmortalizar literariamente as súas xentes na última das súas grandes obras narrativas: “Madera de boj”.

Esta homenaxe, que terá lugar nas instalacións do hotel, será protagonizada por escritores, críticos e poetas que se achegarán a obra do escritor padronés desde diversos ángulos. Asi, o bibliotecario da Fundación CJC, Iván Rodríguez, afondará na relación que mantuvo Camilo José Cela coa vila e as xentes de Fisterra.

Xa no campo máis propio da creación literaria, o profesor José A. Ponte Far analizará os títulos máis destacados da súa obra narrativa, relacionados en maior ou menor medida con Galicia, como La Rosa, La Cruz de San Andrés, Mazurca para dos muertos ou Madera de boj; o poeta Modesto Fraga achegarase á poesía de CJC, con especial atención aos seus poemas galegos; mentres que o escritor e xornalista Paco López-Barxas o fará sobre otras obras da súa produción lírica, sen esquecer a súa relación co escritor e o teatro, entre otros aspectos.

Comentarios