Fisterra, "un dos pobos máis implicados" na recollida de sinaturas da ILP SOS Rural
07:16 15/12/23
Chegou a Fisterra a caravana de recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Rural. Unha iniciativa promovida pola Plataforma para a defensa da agricultura e o medio rura, que aglutina entidades de todo o estado, que xa leva colleitado sinaturas en Xinzo, Monforte, Portomarín e Ferrol.
E segundo nos contan dende a Plataforma, “Fisterra foi un dos pobos co maior número de implicados e xente disposta a firmar e colaborar”. Así o valoraron despois de estar de 10:00h a 1200h no Paseo Ribeira explicando as súas peticións e demandas.