Formulan a humanización da recta da Anchoa
 
              
    08:01 31/10/25 
            O alcalde de Fisterra, Luís Insua, mantivo onte unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e a directora territorial de Vivenda da Xunta na Coruña, Begoña Freire.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio. Concretamente falaron da posible humanización da recta da Anchoa. "Fisterra merece unha entrada moito mellor", recoñecía o rexedor.
Ademais, falaron do Proxecto Urbes, para humanización doutros espazos, e doutras actuacións máis concretas.
 
       
       
             
             
         
           
          