luns. 20.04.2026
El tiempo

O instituto de Fisterra, gañador da V Olimpíada Robótica da Escola de Enxeñaría de Ferrol

O instituto de Fisterra, gañador da V Olimpíada Robótica da Escola de Enxeñaría de Ferrol
O instituto de Fisterra, gañador da V Olimpíada Robótica da Escola de Enxeñaría de Ferrol

Volve demostrar a Costa da Morte que está na vangarda educativa no país. Este pasado venres 17 de abril, o Club de Ciencias do IES Fin do Camiño de Fisterra -representado por 5 equipos- acadou 9 dos 14 premios da V Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), celebrada no pavillón municipal de Esteiro e no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

Nesta competición, participaron máis de 140 estudantes da ESO repartidos en 33 equipos, repartidos en dúas categorías: Promesas -formados por alumnado de 1.º e 2.º da ESO- e Elite -formados por alumnado de 3.º e 4.º da ESO-. En Promesas, o IES Fin do Camiño estaba representado por 2 equipos - “Los amigos no mienten” e “Fillos de Fisterra”, e na categoría Elite, por 3 conxuntos – “A Charca”, “Curva do Carmelo ‘The return’ " e “Londres ‘pro’ ”.

O alumnado fisterrán tiveron que superar diversas probas, para alcanzar os "Correcamiños" e as "Escobas" de ouro e prata e o "Titán" de ouro cos se afianzaron como o IES o máis premiado dos participantes. O profesorado do Club de Ciencias quere agradecerlle ao alumnado a súa implicación e interese.

Comentarios