En marcha as necesarias melloras de seguridade do Camiño na curva de Talón
09:57 06/08/21
Levan anos tendo que andar os peregrinos polas estreitas beirarrúas en varios puntos de Corcubión e Fisterra. Non foi sen tempo que a Xunta tomase medidas. Vén de rematar as obras no San Roque de Corcubión, e arrincaba estes días a intervención na AC-445, nun treito de 400 metros, no acceso á praia de Talón, onde o Camiño de Fisterra discorre paralelo á vía.
O obxectivo é facilitar o tránsito dos peregrinos que camiñan pola beiravía e ofrecerlles condicións máis seguras, coa construción dunha nova senda.