Venres. 29.03.2024
El tiempo

Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17

Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17
Federico Perez e Marta Lado aos Mestre Mateo 2017 Federico Pérez e Marta Lado, os nominados costeiros nos Mestre Mateo 2017

Teremos presencia na Gala dos premios Mestre Mateo 2017 que se celebrará o 4 de marzo no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña. Marta Lado e Federico Pérez están nominados en categorias principais.

A fisterra, tras un ano de voráxine co filme Sicixia, está nominada a Mellor Actriz Protagonista. Pola súa parte, o mazaricán está nomeado, por segundo ano consecutivo, como Mellor Actor Principal polo xa mítico Era Visto. Terá que pelexar con grandes do cine español como Luís Tosar, ou o compañeiro de Marta na peli costeira, Monti Castiñeira.
Está contento o mazaricán porque outros proxectos moi seus como Desafío nos Fogóns, ou o propio Era Visto, tamén están nominados.

Tifaremos tamén co programa “Buscando Ardebullo”, onde os fillos adoptivos Marcos e Xosé Touriñán, tamén optan a Mellor Programa de TV.

  Mellor Interpretación Feminina Protagonista - Bárbara Lennie (María y los demás) - María Mera (Dalia A Modista) - María Vázquez (Augasquentes) - Marta Lado (Sicixia)   Mellor Interpretación Masculina Protagonista - Federico Pérez (Era Visto) - Luis Tosar (Cen anos de perdón) - Miguel Ángel Blanco (Serramoura) - Monti Castiñeiras (Sicixia)   Mellor Interpretación Feminina Reparto: - Beatriz Seren (Pazo de Familia) - Carmen Méndez (Pazo de Familia) - Covadonga Berdinas (Dalia A Modista) - María Vázquez (María y los demás)   Mellor Interpretación Masculina Reparto - Alfonso Agra (Serramoura) - Morris (Augasquentes) - Monti Castiñeiras (Serramoura) - Xoan Forneas (Dalia A Modista)   Mellor Serie TV - Dalia A modista - Era Visto - Nós - Serramoura   Mellor Longametraxe - Cien Anos de perdón - Maria y los demas - Migas de Pan - Mimosas   Mellor Comunicador/a de TV - Maria Solar (A Revista FDS) - Roberto Vilar (Land Rober) - Rodrigo Vázquez (O País máis grande do mundo) - Xose Barato (Desafío nos fogóns)   Mellor Programa de Televisión - Buscando Ardebullo - Deportes Imposibles - Land Rober Tunai Show - Ziz Zag Diario   Mellor Serie Web - Dalle Jas! - A Viaxe - Galicia Crime - Mamá pon la Webcam  

Podedes ver a listaxe completa de nominados aos #MestreMateo17 na web da Academia Audiovisual Galega.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios