Venres. 26.04.2024
El tiempo

O mercado de Mulleres da Nosa Terra ariba en Fisterra polo Apóstolo

Un marcado en cada porto Fisterra
O mercado de Mulleres da Nosa Terra ariba en Fisterra polo Apóstolo

Este vindeiro mares 26 de xullo, dende as 11:00h ata as 20:00h, chega ao porto de Fisterra a II edición de “Un marcado en cada porto: mulleres artesás de Galicia”. Un evento que é tamén unha homenaxe ás antecesoras artesás da nosa terra, que fai de mercado e de mostra ao mesmo tempo, liderado por mulleres creativas. A Mostra recolle unha escolma de retratos das nosas redeiras, colareiras e palilleiras.

Co apoio de Artesanía de Galicia. A nosa feira itinerante, leva integrada unha exposición fotográfica das nosas antecesoras artesás: Redeiras, Colareiras, Palilleiras, Cesteiras, Oleiras... mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dádolle vida os traballos máis ancestráis da nosa cultura. Ademais, a feira está formada por unha vintena das marcas das artesás e artistas máis novas da nosa Comunidade.

Non falatará a música tradicional para amenizar a xornada.

Comentarios