Modesto Fraga rescata o Batallón coa xira de presentacións da nova edición de "Do amor salgado"
Este sábado 16 de maio, Modesto Fraga arrinca á xeira de presentacións do libro "Do amor salgado", recentemente reeditado por Aira Editorial e a Fundación Ínsua dos Poetas. O acto vai ter lugar na librería Ler de Cee e contará coa participación de Juanma Abelleira Ronquete, autor das fotografías do poemario.
Este libro, escrito en 1996 en plena efervescencia creativa do Batallón Literario da Costa da Morte, cumpre tres décadas de vida e ve a luz agora nunha nova edición aumentada con dez textos inéditos e unha coda final da autoría do poeta Miro Villar, autor do limiar que xa figuraba na primeira edición.
"Do amor salgado", obra gañadora do IV Certame de Poesía O Grelo-Amigos de Galicia en 1996, converteuse axiña nunha obra de referencia da poesía galega dos anos 90, coincidindo coas actividades impulsadas polo Batallón Literario.
Vindeiras citas
As seguintes presentacións do libro van ter lugar o venres 22 en Fisterra (Salón de actos, 19:30 hs), o sábado 23 en Corcubión (Bar A Gavilla, 12:30 hs) e o martes 26 en Santiago de Compostela (Libraría Couceiro, 19:30 hs).