Venres. 26.04.2024
El tiempo

Modesto Fraga embriagouse de fisterranía coa presentación de “Devalar sen pel”

Modesto Fraga embriagouse de fisterranía coa presentación de “Devalar sen pel”
Presentacion de Devalar sen pel de Modesto Fraga en FIsterra-Foto-Xusto Gomez Presentacion de Devalar sen pel de Modesto Fraga en FIsterra-Foto-Darío Gómez

Marabillosa acollida a que recibiu o poeta Modesto Fraga na presentación na súa casa do seu novo poemario: “Devalar sen pel”. Un traballo que serve para cumprir 20 anos de poesía dende a fin do mundo. E asi o celebrou a vila do Cristo, encheu de poesía e fisterranía a primeira tarde do outono fisterrán.

Foi un acto emotivo no que compañeiros poetas coma Alexandre Nerium fixeron un repaso da súa singradura poética. Participaron tamén no acto organizado pola Asociación de Vecinos Finisterre Viki Rivadulla, Roberto Traba Velay, Antonio Fernández e David Creus.

No acto ademáis de presentar Devalar sen pel, un tributo a todas as mulleres que loitan polos seus dereitos, reivindicouse a cultura fisterrana con maiúsculas, a obra poética do Capitán Traba, a labor de Alejandro Finisterre, a obra de Don Francisco Esmorís ou Desiderio Paz Figueroa, incluso avogou Modesto pola creación dunha biblioteca da fisterranía.

Para a Asociación “é un gran orgullo que Modesto cumprira o seu desexo de poder presentar “Devalar sen pel” no pobo que o viu medrar coma poeta, rodeado de artistas e de poetas coma el merece”.”

Modesto Fraga co seu amigo Alexandre Nerium-Foto-Xusto Gomez Modesto Fraga co seu amigo Alexandre Nerium-Foto-Darío Gómez Cheo para ver a Modesto Fraga Cheo na aula da confraría para ver a Modesto Fraga

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios