martes. 14.07.2026
El tiempo

Un motorista de 16 anos ferido grave tras un accidente en Mens

Imaxe do Helicptero medicalizado de Santiago-fotohelicosantiago
Imaxe de arquivo do helicóptero medicalizado de Santiago-Foto- @helicosantiago
Un motorista de 16 anos ferido grave tras un accidente en Mens

Esta tarde, arredor das 17:00h rexistrouse un novo accidente, neste caso tras un accidente frontal entre unha moto e un vehículo, na saída de Mens cara Malpica, no quilómetro 4 da DP-4307.

O motorista, ferido, quedaba tendido no chan. O 112 Galicia mobilizabaServizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, e tamén ao helicóptero medicalizado con base en Santiago das urxencias sanitarias, que evacuaba ao ferido ata o hospital de referencia.

 

Comentarios