Novas Xornadas Micolóxicas en Fisterra e Coristanco

Doble cita micolóxica esta fn de semana i é que é rtempo de cogumelos.

Saída en Fisterra

Este sábado 26 de outubro os bravos da Asociación Anchoa artellan unha Xornada Micolóxica. A saída será ás 10:00h dende a recta da Anchoa, para percorrer un roteiro guiado polo monte con varios expertos. Ademais, a partir das 18:00h comezará a clasificación e identificación, para proceder despois á preparación e degustación dos cogumelos colleitados no Bodegón Anchoa.

Poden obert máis información sobre a saída o venres ás 20:00h no Bodegón Anchoa.

Xornadas Micolóxicas en Coristanco

Esta fin de semana celebrarse, en colaboración coa escola E.F.A. Fonteboa, as VI Xornadas MIcolóxicas de Coristanco. O venres 25, ás oito da tarde terá lugar na escola E.F.A. Fonteboa unha charla a cargo do biólogo Martín Souto Souto.
O sábado 26, a saída será ás 10:09h da mañá da escola para recoller setas polos montes da zona e á unha da tarde seleccionaremos as setas recollidas. As xornadas finalizarán cun xantar en Fonteboa.

Os interesados en asistir poden inscribirse chamando ao 639 630 152 (Andrés) ou enviando un correo a ponte.lubian@gmail.com.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).