Venres. 03.05.2024
El tiempo

Novidades sobre a estación e as paradas de bus de Fisterra

Casa Leston Sardineiro
Unha das novas marquesiñas serán instaladas antes de Casa Lestón
Novidades sobre a estación e as paradas de bus de Fisterra

Poucos avances para a Estación de Autobuses de Fisterra, malia que dende o goberno municipal dirixido por Alternativa dos Veciños, aseguran que “é unha prioridade sacalo durante este mandato”. É máis que necesaria asumir un cambio de ubicación da estación de autobuses fisterrá, debido ao caos provocado no centro da vila, pero os gobernos municipais atopáronse ao longo dos anos con que o Plan Xeral de Ordenación Municipal realizado no seu momento non deixou apenas solo destinado a equipamento e servizos, non se pensou na necesidade de ampliar a principal parada de buses de toda a comarca.

O goberno está buscando zonas de servizos (pensan no camiño do Faro, en fronte da igrexa, por exemplo) para aprobar unha mocificación do PXOM. Deste xeito, coa fase inicial en marcha, aínda apuntan que podería quedar un ano ata poder aprobar esa modificación, sempre que todo vaia sobre rodas, e non haia alegacións, e demais… Con todo, aseguran que a intención é estrear nova estación durante este mandato, como unha das grandes prioridades.

Paradas en Sardiñeiro

Paralelamente, o Concello conseguíu que dous veciños de Sardiñeiro non fosen expropiados para instalar un par de marquesiñas.
A Xunta anunciou unha serie de reunión cos veciños para iniciar o proceso de expropiación de varias paradas da comarca (13 paradas en Santa Comba; 2 en Camariñas; 1 en Cee; 1 en Corcubión; 4 en Dumbría; 6 en Fisterra; 2 en Vimianzo; e 4 en Zas). As fisterrás serán 2 en San Roque, 2 en Sardiñeiro e 2 na Anchoa.

As máis complicadas eran as de Sardiñeiro, pois quedarían case inseridas nas casas de dous veciños. Así, como o Concello xa tiña certos espazos formulados instalar as súas marquesiñas, convenciu á Xunta para evitar o procedemento de expropiación e instalar as marquesiñas en solo público, unha vindo de Cee antes do Lestón, e outra vindo de Fisterra antes do Cabanel.

”Evitamos que dous propietarios sexan propietarios, que lle quedaban diante da casa, e solventamos así problemas a un veciño”, explican dende o concello.

Comentarios