O BNG de Fisterra denuncia inundación paseo da Langosteira
Hoxe mesmo, o grupo do BNG de Fisterra vai presentar unha denuncia no Rexistro municipal do concello fisterrán pola inundación paseo da Langosteira. Segundo sinalan o paseo marítimo está completamente anegado, con varias “piscinas”, debido á insufiente canalización das augas, que impiden o paso dos viandantes.
Uns feitos que segundo o BNG se deben fundamentalmente á "deixadez de funcións deste goberno, polo simple motivo de que se trata dunha das obras de maior envergadura das realizadas polo goberno tripartito". Denuncia o voceiro da oposición Modesto Fraga que a "falta de mantemento provocou que as herbas invadisen e reducisen o firme transitable, que o paso do tempo fixera que se perderan os miradores de madeira que existían nas numerosas baixadas ao areal, por non mencionar a famosa ponte que este verán deixou ver aquela cutre reparación, máis propia dos personaxes de "Manolo e Benito" que dun goberno minimamente serio", explica con ironía.
Porén, dende o BNG solicitan ao goberno fisterrán que "coa maior brevidade posible, dea as ordes oportunas para que se proceda, canto antes, á limpeza, evacuación das augas e arranxo do referido paseo marítimo". Ademais, destacan que os traballadores dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia; en concreto as “Brigadas de Intervención Municipal”, o “Grupo de Actuación Medioambiental” ou o “Grupo de Actuación na Zona Rural”, é persoal que podería acometer, de xeito provisional, estas actuacións.
Novas relaciondas
- O BNG fisterrán critica a deixadez do grupo de goberno para contratar as Brigadas municipais.
- O BNG de Fisterra preocúpase pola situación económica do Concello.
- A Xunta asegura que estudiará a creación do museo subacuático da Costa da Morte.
- A familia de Guillermo Marcote Traba denuncia a súa detención ilegal.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.