O BNG de Fisterra impugnará un pleno por ser convocado sen 48 horas de antelación
Esta mañá de martes 3 de marzo houbo pleno en Fisterra. Un pleno polémico mesmo antes de comezar, pois segundo denunciou o BNG non se convocou co tempo necesario que obriga a lei. O BNG da oposición impugnará o pleno e corroborou a súa decisión abandonando o pleno "debido á ilegalidade da convocatoria", segundo valora Modesto Fraga, voceiro local.
I é que os plenos ordinarios convócanse, como mínimo, con dous días hábiles de antelación. E segundo sinala o BNG "a nós convocóusenos onte ás dúas da tarde, ou sexa, con menos de 24 horas de antelación". Nese senso, "consultados os servizos xurídicos do BNG, tomamos a decisión de impugnar todos os acordos tomados neste pleno se o goberno local decidía continuar coa sesión".
Ao seu entender, "detrás deste paripé está a intención do alcalde e do seu goberno de "atracar" unha vez máis os debilitados bolsillos dos fisterráns cunha nova e escandalosa subida das taxas municipais". Precisamente Fraga critica a subida da auga afirmando que a subida da taxa municipal de 28 a 68€ obrigará a pagar case que 100€ por familia polo suministro de auga. "Así mesmo, lembra Modesto, convén lembrar que hai só tres meses o alcalde decidiu subir as taxas de recollida de lixo, do imposto de vehículos, o de construcións e o imposto de bens inmobles".
Novas relacionadas
- O Concello de Fisterra tamén apreta o cinto.
- O Consello Nacional do BNG conta xa con dous representantes da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.