O Cabo Fisterra albergará a meta dunha etapa da Vuelta 2013


Tralo éxito do paso pola Vuelta na costa da Morte, Unipublic parece que aposta pola Costa da Morte como referente nas chegadas a meta. De feito, a Vuelta 2013, que partirá das Rías Baixas, terá unha etapa que rematar no Cabo Fisterra e outra que probablemente saia de Camariñas.
Será de novo un escaparate turístico espectacular para a nosa bisbarra unha vez que xa dimos conta da repercusión mediática que acada a 3ª proba máis importante do ciclismo mundial.
Parece que a saída será dende as Rías Baixas será o 24 de agosto, dende Vilanova de Arousa cunha contrareloxo por equipos, así que os 3 ou 4 días posteriores o peltón pasará pola nosa bisbarra.
Aínda non está confirmado, pero segundo puidemos ver nalgún foro praténxase dúas etapas polas nosas terras:
- 3ª ETAPA: Sanxenxo - Cabo Fisterra 175,60 KM.
- 4ª ETAPA: Camariñas - Santiago (A cidade da Cultura) 181,22 KM.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
- Máis de 150 países verán en directo a chegada ao Alto do Ézaro da Vuelta 2012.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Faro de Vigo.