O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas

Pouco máis hai que dicir. Aí están, neste cartel do entroido de Fisterra 2013, grandes personaxes do entroido do ano pasado, como o gran Santi Caneta, rei do mesmo, César Ferrío, un dumbriés que parece da casa, ou as comparsas máis veteranas e máis novas.

Todo para preparármonos para 3 días de festa!. O sábado 9 de ferebiro, coa concentración onde descubriremos os traballados disfraces das comparsas. Domingo 10 pensado para os cativos, e un Martes de Entroido (día 12) espectacular coma sempre.

Ah!, e este ano tamén, QPC será parte do xurado, e esperemos que non vaia ser o único membro disfrazado... Eles o perden!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).