Xa comeza o arrecendo a Entroido en Fisterra

18:00 03/01/13

Xa están as bases presentadas para o Entroido de Fisterra 2013. O máis esperado, “o Entroido máis tradicional da Costa da Morte”, celebrarase o martes 12 de febreiro na praza da Constitución de Fisterra, coma sempre a partir das 18:00h.
E esperemos que a participación siga sendo boa, e moitos soñamos con que volvan as grandes comparsas que nos últimos anos non se están a presentar. I é que queremos disfrutar da súa maxia, da súa acidez, da súa retranca.
E os premiso o valen. A comparsa gañadora levará 1.500€, polos 1.200€ da segunda, e 900€ da terceira. Pero é que todas as participantes recibirán unha axuda de 300.
O lugar de inscrición será nas oficinas do concello en horario de 08:30 a 14:30 horas antes do 1 de febreiro.
Novas relacionadas
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).