Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido


Xa estivemos o ano pasado e este ano voltaremos encantados como Xurado a un deses Entroidos que vai colocándose como unha referencia na semana carnavaleira. E se o martes de entroido é cita obrigada ir ata Fisterra (tamén presentaron as bases do concurso), o luns xa ten sona soneirá.
A cita, como dicimos, será o luns 11 de febreiro deste 2013, e se o ano pasado o entroido chegou en clave de circo con cores indias, veremos que artella este ano a familia vimiancesa. Seguro que os Ghañan Style e os do Vimianzoo terán algo que dicir...
Máis información e inscricións
O prazo de presentación remata o venres 8 de febreiro ás 14:00h. As comparsas terán que ter polo menos 10 compoñentes, e entre 2 e 9 serán considerados grupos.
Como o concurso é aberto a toda a comarca, haberá ademais dos premios xeirais, outros premios locais. A "Mellor Comparsa" levará 300€, por 150€ do "Mellor Grupo" xeral. A "Mellor Comparsa de Vimianzo" recibirá 200€ e o Mellor Grupo Vimiancés" será premiado con 100€.
Teñen esta información no Concello de Vimianzo.
Novas relacionadas
- 2013: Xa comeza o arrecendo a Entroido en Fisterra.
- Entroido Vimianzo 2012: Vimianzo convertiuse nun gran Circo de Entroido.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).