Os alumnos do IES Fin do Camiño exportan Educación Emocional

Equipo do IES Fin do Camiño no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume

Segue o IES Fin do Camiño sendo potencia en materia de Convivencia Positiva. Así o demostran participando na organización dos IV Encontros para unha Convivencia Positiva que se celebran estes días en Pontedeume. Mestres, alumno e familias de 22 centros educativos de todo o país participan neste foro educativo que pretende servir de exemplo.

Son 9 rapaces e rapazas, e dous mestres, fisterrás os que participan estes días, exercendo de alumnado axudante previndo situacións de illamento e outros conflitos. Este ano, o encontro trata sobre a importancia de educar e xestionar as emocións. E de feito, son especialistas na vila do Cristo, pois no propio IES contan cunha materia de nome “Educación Emocional e para a Creatividade" no 1ºESO.

Unha das dinámicas realizadas estes días chámase “Espazo Aberto", onde o alumnado, o profesorado e as familias discuten en torno a temas que preocupan dentro da xestión emocional dos conflitos.

Foi interesante a charla ao profesorado de Rafel Bisquerra, sobre o universo das emocións humanas); ou a charla para os pais e nais sobre como educar as emocións na familia. Desenvolven tamén o proxecto Educa Bonito e dinámicas para o alumnado destinadas a mellorar a súa comunicación afectiva.

Dinámica no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).