Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos

Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos
Encontros na Fin do Caminho no Faro familia - Foto- Dario Gomez

Tremendamente intersante o I Encontro de Centros con Servizos de Mediación Escolar que tivo lugar este pasado venres 1 de abril no I.E.S Fin do Camiño de Fisterra. Varios centros de Galicia se reuniron na vila do Cristo para dialogar e establecer novas vías comunicativas. Estes encontros buscan acadar un "100% de desconto en conflitos".

A organización foi centro fisterrán en colaboración co IES de Ortigueira. E os centros educativos participantes foron os costeiros IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto) e IES Agra de Raíces (Cee); ademais dos IES Carlos Casares (Viana do Bolo); IES Alfonso X El Sabio (Cambre); IES Isidro Parga Pondal (Carballo); IES Xulián Magariños (Negreira); IES Elviña (A Coruña); IES Leiras Pulpeiro (Lugo); e o IES Elviña (Cangas do Morrazo).

Encontros na Fin do Caminho - Foto- Dario Gomez

A Mediación

Dise do método de resolución pacífica de conflitos, no que dúas partes enfrontadas recorren a unha terceira persoa imparcial, ou mediador, para chegar un acordo satisfactorio (Torrego, 2001).

Esta foi unha das sesións teóricas, que se levaron a práctica con charlas e obradoiros. O diálogo e a non violencia foron outros dos puntos básicos da sesión.

Encontros na Fin do Caminho - Foto- Dario Gomez Encontros na Fin do Caminho no Faro - Foto- Dario Gomez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios