Martes. 19.11.2019
El tiempo

O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia

O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia

Non paran de darnos alegrías os centros educativos de Fisterra. Se a semana pasada eran os coristas do Colexio Nosa Señora do Carmen os que gañaban un certame de canción en Barcelona, esta semana é o IES Fin do Camiño quen recibe un recoñecemento a nivel estatal.

As boas prácticas no eido das accións a prol da convivencia escolar desenvolvidas no IES Fin do Camiño (Fisterra) resultaron hoxe premiadas na entrega de galardóns do ‘Concurso nacional de buenas prácticas para el impulso y mejora de la convivencia en el curso 2009/20010’.

O IES Fin do Camiño obtivo un terceiro premio ex aequo na modalidade B deste certame – a destinada aos centros de educación secundaria e ensinanzas de réxime especial-. Así, o Ministerio de Educación recoñeceu a boa estruturación e calidade das estratexias docentes neste centro. Ademais foi valorado moi positivamente o procedemento que se emprega neste instituto para avaliar a convivencia escolar.

Unha demostración do bo traballo desenvolto no centro, como as actividades do I Encontro de Centros con Servizos de Mediación Escolar, que acolleu o centro con grande éxito a semana pasada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería de Educación.

Comentarios