Martes. 17.09.2024
El tiempo

Os alumnos do IES Fin do Camiño exportan Educación Emocional

Os alumnos do IES Fin do Camiño exportan Educación Emocional
Equipo do IES Fin do Camino no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume Equipo do IES Fin do Camiño no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume

Segue o IES Fin do Camiño sendo potencia en materia de Convivencia Positiva. Así o demostran participando na organización dos IV Encontros para unha Convivencia Positiva que se celebran estes días en Pontedeume. Mestres, alumno e familias de 22 centros educativos de todo o país participan neste foro educativo que pretende servir de exemplo.

Son 9 rapaces e rapazas, e dous mestres, fisterrás os que participan estes días, exercendo de alumnado axudante previndo situacións de illamento e outros conflitos. Este ano, o encontro trata sobre a importancia de educar e xestionar as emocións. E de feito, son especialistas na vila do Cristo, pois no propio IES contan cunha materia de nome “Educación Emocional e para a Creatividade" no 1ºESO.

Unha das dinámicas realizadas estes días chámase “Espazo Aberto", onde o alumnado, o profesorado e as familias discuten en torno a temas que preocupan dentro da xestión emocional dos conflitos.

Foi interesante a charla ao profesorado de Rafel Bisquerra, sobre o universo das emocións humanas); ou a charla para os pais e nais sobre como educar as emocións na familia. Desenvolven tamén o proxecto Educa Bonito e dinámicas para o alumnado destinadas a mellorar a súa comunicación afectiva.

Dinámica no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume Dinámica no Encontro de Convivencia Positiva de Pontedeume

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios